Escola de Familias: «Pantallas na casa, acordos en familia»
Primeira charla do curso para falar, sen xuízos, de como acompañar aos fillos e fillas no uso das pantallas.
- Cando
- xoves, 26 de novembro, ás 18:30
- Onde
- Biblioteca do colexio
A Escola de Familias é un espazo para aprender e compartir experiencias entre nais e pais. Nesta primeira sesión falaremos de pantallas: tempos, contidos, normas que funcionan e como chegar a acordos na casa.
- Duración aproximada: unha hora e media, con tempo para preguntas.
- Aberta a todas as familias do centro, asociadas ou non.
- Haberá servizo de coidado para os máis pequenos: avísanos se o necesitas.
Apúntate desde o formulario de contacto para que poidamos preparar a sala.