ANPA AnexaCEIP Anexa · Lugo

← Todas as novidades

Actividade

Festa de Samaín da ANPA Anexa

Busca do tesouro terrorífica, concurso de doces terroríficos e merenda con chocolatada no pavillón do colexio.

Cando
venres, 30 de outubro, ás 16:00
Onde
Pavillón do CEIP Anexa
Cartel: Festa de Samaín da ANPA Anexa

Chega o Samaín e a ANPA prepara unha tarde terrorífica para toda a rapazada e as súas familias.

Horario

  • 16:00 a 18:00 · Busca do tesouro terrorífica, apta para todas as idades da rapazada.
  • 18:00 a 18:20 · Merenda: merendaremos os doces terroríficos con chocolatada.
  • 18:30 · Despedímonos ata a próxima festa.

Concurso de doces terroríficos

Traede o voso doce feito na casa! Haberá premios para:

  • O doce máis terrorífico.
  • O doce máis saboroso.
  • A mellor colaboración dos nenos e nenas.
  • O mellor doce sen glute, sen lactosa ou baixo en proteína.

Dietas especiais

Se os vosos nenos ou nenas teñen unha dieta especial, avisádenos en asociacionanpaanexa@gmail.com e así podemos levar a merenda tamén para eles e elas.

Máis novidades

Convocatoria

Asemblea xeral ordinaria da ANPA

Repasamos as contas e as actividades do curso pasado e decidimos xuntos as prioridades deste ano. A túa voz conta.

📅 xoves, 5 de novembro, 18:00 · Biblioteca do colexio