ANPA AnexaCEIP Anexa · Lugo

Aviso legal

Titular da web

En cumprimento da Lei 34/2002, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, infórmase de que esta web é titularidade de:

  • Denominación: Asociación de Nais e Pais do CEIP Anexa de Lugo
  • CIF: G27370105
  • Enderezo: Avenida Ramón Ferreiro, 6, 27002 Lugo
  • Correo: asociacionanpaanexa@gmail.com

Finalidade

A web informa das actividades da asociación e permite ás familias solicitar a asociación e contactar coa xunta directiva.

Propiedade intelectual

Os textos, a mascota e o logotipo da ANPA pertencen á asociación. As ilustracións son orixinais desta web. Non se permite o seu uso con fins comerciais sen autorización.

Responsabilidade

A ANPA procura que a información publicada sexa correcta e estea actualizada, pero as datas e horarios das actividades poden cambiar. Ante calquera dúbida, consulta coa xunta directiva.