Quen somos
Nais e pais coma ti
A ANPA Anexa é a asociación das familias do CEIP Anexa de Lugo. Non temos ánimo de lucro: todo o que recadamos volve ao alumnado.
Para que existimos
Cremos que a educación funciona mellor cando a casa e a escola camiñan xuntas. Por iso a ANPA quere:
- Que as familias participen na vida do colexio e se sintan parte del.
- Organizar actividades que complementen o que os nenos e nenas aprenden na aula.
- Representar ás familias ante o centro e no Consello Escolar.
- Facer que todo o alumnado poida participar en igualdade de condicións.
Como funcionamos
A asemblea xeral, formada por todas as familias asociadas, decide as liñas de traballo e aproba as contas cada curso. A xunta directiva lévaas á práctica durante o ano. Calquera familia asociada pode presentar propostas ou formar parte da xunta.
Xunta directiva
- María GallardoPresidenta
- Antonio FerreiroVicepresidente
- Patricia PeláezSecretaria
- José Luis InjertoTesoureiro
- Cristina LosadaVogal
- Iria GonzálezVogal
- Noelia VillasanteVogal
- Iván GagoVogal
Datos da asociación
- Denominación
- Asociación de Nais e Pais do CEIP Anexa de Lugo
- CIF
- G27370105
- Enderezo
- Avenida Ramón Ferreiro, 6, 27002 Lugo